Skip to content

Sarah

Outubro 23, 2010

Chámome Sarah e estudo castelán e linguistica na universidade de Oxford. Isto significa que paso a maioría do meu tempo a ler literatura o escribir redaccións sobre temas diversos que inclúen todo desde o Quixote ata a fonoloxia do castelán antigo. Ou sexa, isto é o que debo facer… Na realidade, eu, como a maioría dos estudantes aquí, estou sempre ocupada con outras actividades e ás veces non escribo as miñas redacións ata moi tarde a noite antes da data tope. Os meus pasatempos preferidos son bailar (sobre todo a salsa), cantar no coro e, por suposto, saír cos meus amigos. Este trimestre, un amigo meu está ensinandome a illuminacion teatral así que xuntos estamos deseñando a illuminación para unha obra que terá lugar a semána que vén.

Aprender o galego tamén é unha actividade que me gusta moito. Non forma parte directamente do meu curso así que me dá o sentimento agradable de aprendelo só polo pracer de aprendelo. Intereseime no galego cando fun a Santiago en abril para facer un curso de castelán, e gustáronme moitas cousas, por exemplo a información das rúas, escritas en galego. Decidin aprender o galego non só porque encantame aprender calquera lingua senón  porque interesame moito a situación da lingua. En Inglaterra só temos unha lingua oficial e moita xente non fala mais que inglés. A lingua dunha comunidade pareceme moi importante para a súa identidade así que espero que aprender o galego axudará a comprender a cultura do seu país bonito. Ademaís, teño un interese nos idiomas en xeral. Como estudante da linguistica, sei que os idiomas do mundo están desaparendo con rapidez, un feito triste que nunca podese desfacer. Frente á globalización, eu creo que é importante facer o que podo, aínda que sexa pequeno, para parar este proceso antes de perdermos unha gran parte da variación que fai dinámico o noso planeta.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: