Skip to content

Matilde

Novembro 7, 2010


Chámome Matilde e estudo castelán e ruso na universidade. O ano pasado estiven en Rusia falando ruso e cantando no coro da música rusa. Ata tiven tempo de estudar a balalaika durante os longos meses do inverno. Agora que estou de volta en Inglaterra e Oxford teño de novo que aprender a escribir redaccións e traducións e traballar intensamente.

Eu son bilingüe (as miñas linguas nativas son o sueco e o castelán) e interésanme moito as sociedades bilingües. Estiven en Galicia unha vez e pareceume un lugar fascinante e fermoso. Por iso decidín tamén estudar o galego este ano. Hai tres semanas que o estudo e gústame moito. No próximo ano espero poder ler a literatura galega na lingua orixinal. Tamén quero volver a Galicia e aprender máis da cultura e da xente pero polo de agora teño que aprender o vocabulario, os verbos e a gramática.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: