Skip to content

As nosas pezas literarias

Novembro 23, 2010

A pirola de Manolo

por Maribra

 

A cousa empezou o día de verán que fomos á finca dos pais de Manolo. Os pais xa estaban mortos, mais a familia conservaba unha casa de campo enorme cuns terreos preciosos con gando, caza, pesca e de todo. A casa tiña unha piscina de pedra na que a auga do río entraba e saía como nas antigas albercas. Bañámonos, saltamos e rimos ata que xa era hora de vestirse e pensar en volver á cidade. Cando xa me vestira, abrin a porta do cuarto de baño, e atopeime con Manolo no corredor. Malia a escuridade, non me sorprendeu porque estaba na súa casa, mais sorprendeume que me collese pola roupa e me dixese baixiño as ganas que tiña de facer isto e o outro comigo. Manolo era da quinta dos meus pais, non da miña. Desfíxenme como puiden das súas mans e sain da casa toda avergoñada. A sua muller estaba alí, a miña nai estaba alí, os seus fillos (os meus amigos) estaban alí tamén! Pasaron algúns días e eu non sabía se dicirllo a miña nai ou non. Díxenllo á miña irmá, por se acaso.

 

Non moito tempo despois, e xa gardando sempre as distancias con Manolo, estabamos os meus amigos, os meus irmáns e eu nunha queimada praiera das que se fan con gusto na costa. Completamente fora de lugar, apareceu Manolo na festa. Como había moita xente, eu non me preocupei de nada. Cando xa era tarde, díxenlles aos meus irmáns que ía para casa. Aínda que o camiño estivese moi escuro, coñecíao ben e o hotel non estaba moi lonxe da praia. Cando empezaba a camiñar, Manolo ofreceuse para levarme en coche. Deinlle as grazas e engadín que non necesitaba coche. Os meus irmáns, quizais porque pensaban que Manolo era todo un cabaleiro, insistiron en que fose con el e que non camiñase soa. Contra os meus instintos subín no coche de Manolo e alá fomos. A duas mazás da praia, nun calexón sen luz, Manolo parou o coche. Empezou a dicir o guapa que me encontraba e o boísima que estaba. Interrompino para pedir que me levase a casa ou que me deixase alí mesmo. Como vía que eu falaba en serio, pechou as portas do coche. Xa non falaba comigo nin de min senon del mesmo e das cousa marabillosas que podería facerme. Lémbrome que el levaba uns pantalóns de chandal e que xa estaba empezando a baixalos. De súpeto preguntoume se quería verlle a pirola, así, en galego, “a pirola”. O que eu sentin é difícil de explicar. Por unha banda, sabía que estaba nunha situación perigosa e ameazadora. Por outro, ver a un paisano duns case sesenta anos arrebatado de todo e dicíndome, como se fose o xeito de seducir a ninguén, que se quería verlle a pirola… dábame a risa. Non podía crer o que me estaba pasando. Tiven que parar as ganas de rir, poñerme moi seria para mandalo ao carallo despois de dicirlle que non, que non quería verlle a pirola. Ademais da miña negativa, deixei ben claro que, se me tocaba un pelo, ía ter que renderlle conta á miña nai e, probablemente, á súa muller. Penso que entendeu que eu non estaba prar bromas e a sua pirola debeu de encoller ata que non lle quedaron máis ganas de falar comigo.  Endexamáis vin a pirola de Manolo, nin falla que me fixo.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: