Skip to content

Temos que introducir os idiomas do país ao senado

Febreiro 2, 2011

(Texto escrito por Matilde. Matilde leva desde setembro aprendendo galego)

Cando se escoitó que un país se nega a usar o seu propio idioma? Case xamais! Só baixo a influencia dun ditador. Claro que cando se trata dun país con varios idiomas a situación se complica un pouco.

A situación dos idiomas en Europa en xeral é moi complicada. Un idioma case xamais pertence a un só país. Por exemplo, o alemán fálase en Alemaña, Austria e Suíza, o inglés fálase en Inglaterra (o Reino Unido) e en Irlanda, e o Italiano en Italia, San Marino, Suíza e partes de Eslovenia. Tamén hai idiomas que só existen nunha pequena parte dalgún país ou países, como o galego, éuscaro, sami, calmuco etc.

Disese que no mundo hai 6 809 idioma pero 417 deles crese que non van existir dentro de 50 anos porque só unhas poucas persoas o falan, case non se usa na forma escrita e non existe o interese de aprendelo. Que pasa entón con estes idiomas aos que ninguén quere, ou necesita: desaparecen! Moi rara vez aparecen idiomas novos pero idiomas vellos morren con cada nova xeración. Osea que dentro de 100 anos, imos ter case 1000 idiomas menos no mundo. E isto que significa? Significa que a cultura que rodeaba este idioma, se vai desaparecer e a xente abandona a súa orixe e adáptase ao ‘mainstream’.

Se se usan varias das linguas máis importantes no senado, significa non só que se van manter estas linguas para o ben da xente, senón tamén que van contribuír moito ao senado mesmo. Ter linguas diferentes nun só país é unha gran riqueza. Ter unha lingua é ter unha cultura e unha identidade. Con varias linguas no senado, terán varios puntos de vista e varias opinións ademais dunha educación xeral en igualdade, tolerancia e democracia para todos os habitantes do país. Os líderes dun país non teñen só que pasar peticións e argumentar, tamén deben funcionar como un exemplo para o pobo. Se o pobo ve que nin sequera o senado pode ser tolerante e democrático, para que o van ser eles? Os grandes desacordos e inseguridades que existen entre os habitantes da península Ibérica de diferentes linguas, todo empeza cos líderes. Se eles demostran que son tolerantes e que poden traballar xuntos, talvez póidao facer a xente tamén. Coa cooperación de todos podémolo lograr!

Advertisements
One Comment leave one →
  1. Febreiro 3, 2011 3:58 pm

    (Texto escrito por Matilde. Matilde leva desde setembro aprendendo galego)

    Cando se escoitou que un país se nega a usar o seu propio idioma? Case xamais! Só baixo a influencia dun ditador. Claro que cando se trata dun país con varios idiomas a situación complícase un pouco.
    A situación dos idiomas en Europa en xeral é moi complicada. Un idioma case xamais pertence a un só país. Por exemplo, o alemán fálase en Alemaña, Austria e Suíza, o inglés fálase en Inglaterra (o Reino Unido) e en Irlanda, e o Italiano en Italia, San Marino, Suíza e partes de Eslovenia. Tamén hai idiomas que só existen nunha pequena parte dalgún país ou países, como o galego, éuscaro, sami, calmuco etc.

    Dise que no mundo hai 6 809 idiomas pero 417 deles crese que non van existir dentro de 50 anos porque só unhas poucas persoas o falan, case non se usa na forma escrita e non existe o interese de aprendelo. Que pasa entón con estes idiomas aos que ninguén quere, ou necesita? desaparecen! Moi rara vez aparecen idiomas novos e os idiomas vellos morren con cada nova xeración. Oou sexa que dentro de 100 anos, imos ter case 1000 idiomas menos no mundo. E isto que significa? Significa que a cultura que rodeaba este idioma, vai desaparecer e a xente abandona a súa orixe e adáptase ao ‘mainstream’.

    Se se usan varias das linguas máis importantes no senado, significa non só que se van manter estas linguas para o ben da xente, senón tamén que van contribuír moito ao senado mesmo. Ter linguas diferentes nun só país é unha gran riqueza. Ter unha lingua é ter unha cultura e unha identidade. Con varias linguas no senado, terán varios puntos de vista e varias opinións ademais dunha educación xeral en igualdade, tolerancia e democracia para todos os habitantes do país. Os líderes dun país non teñen só que pasar peticións e argumentar, tamén deben funcionar como un exemplo para o pobo. Se o pobo ve que nin sequera o senado pode ser tolerante e democrático, para que o van ser eles? Os grandes desacordos e inseguridades que existen entre os habitantes da península Ibérica de diferentes linguas, todo empeza cos líderes. Se eles demostran que son tolerantes e que poden traballar xuntos, talvez o poida facer a xente tamén. Coa cooperación de todos podémolo lograr!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: