Skip to content

O efecto Caruncho

Febreiro 14, 2011

O efecto caruncho

Se unha bolboreta bate as súas alas en Ourense, poñamos por caso, haberá unha tsunami en Alaska; este é o efecto “bolboreta”. O efecto caruncho é de menor alcance en distancia e intensidade. Todos vivimos todolos días co efecto caruncho e case non o notamos precisamente porque acaba sendo pouca cousa. Claro está que isto non quere dicir que non nos afecte ou mesmo que chegue a cambiarnos a vida. Iso é o asombroso. A fin de contas, unha tsunami nótaa calquera. En cambio que unha porta ou unha fiestra abra ou peche percibímolo como un fenómeno natural, como o movemento das nubes, a choiva miuda nun día de inverno, o vento que sopra nunha rúa cando dobramos unha esquina. E é o efecto caruncho. Por algún sitio estará un caruncho revoando afanosamente sen que nos decatemos e causa toda esta serie de fenómenos non espectaculares mais tan supranacionais como os que produce o voo das bolboretas. Por iso os carunchos son medio pardos/medio grises, para que non nos decatemos nin da súa presenza nin das repercusións do séu movemento. O meu efecto caruncho prefirido é o de espertar antes de que soe o despertador. Haberá quen colla un rebote por perder uns minutos de sono. Eu non. Sei que é o efecto caruncho e levántome pensando que teño uns momentos máis de vida consciente que podo derrochar como me peta: alargar o cafeciño do almorzo, ler o xornal, lacazanear no baño, andar apanpando pola casa antes de saír como ánima que leva o demo a onde sexa e polo que sexa. Quen podería negarme que o pracer que me dan eses minutos extra se reflectirá en todo o que faga ese día e que, polo tanto, afectará a miña vida?

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: