Skip to content

A bitácora de Sarah II

Outubro 26, 2011

Texto de Sarah Burne-James

Nova entrega das aventuras de Sarah!

2. A normativa

Hai un libriño que é moi útil para mín como estranxeira que aprende galego. É un resumo da normativa da lingua galega e podo consultalo cando teña dúbidas sobre unha estructura da lingua, ou sobre a forma dun verbo. Pero ás veces pregúntome se este libro, ou máis ben a normativa en xeral, provoca problemas mais que solucionalos.

Algo que a xente di a miudo cando me fala en galego é “falas mellor ca min” ou “non debes falar coma min porque eu non falo ben”. Iso non é verdade. Por suposto encántame cando os galegos din que falo ben a súa lingua, pero non é posible que eu fale mellor cun falante nativo. Teño un accento estranxeiro, hai moitas palabras sinxelas que non coñezo e sobre todo teño problemas cos tempos pasados. O que a xente quere dicir é que o meu galego parece mais ao galego normativo.

Por exemplo, escoitei a xente de aquí dicir “gallego”- que se  considera un castelanismo- cando eu diría “galego”. E iso, porque é incorrecto? É verdade que coincide co castelán, pero hai outras palabras que coinciden co castelán tamén e consideradas correctas pola normativa. A normativa admite “palabra”, “había” e “carne”.

Así que, quen elixe que é correcto e que é incorrecto? E mais incomprensible, como se elixe iso? Realmente hai un comité que pasa o seu tempo en debatir os meritos de “grazas” a diferenza de “gracias”? Pois unha palabra non ten sentido a menos que os seus falantes o saiban. Cambiar a normativa non cambia o que é o galego de verdade.

A pesar de lo que quizais parezca, non quero dicir que a normativa sexa algo malo. Non ten que selo. De feito, paréceme que unha lingua necesita ter normativa. Se o galego non o tivese seríame moito mais difícil aprendelo. Cales formas poñeríanse nos libros de clase? E eu, a quen preguntaría para saber como escribir unha palabra, o como conxugar un verbo. Non quero ter que elixir entre amplias listas de palabras.

Pero para que a normativa non faga dano á lingua, os falantes do galego deben entender que é nada mais que unha ferramenta, algo que debería ser útil para eles. A normativa é necesaria pero non dirixe. Unha lingua existe porque e como os falantes o falan. É a propiade e o producto de todos os falantes. Cada persoa que fale galego como lingua materna o fala perfectamente na súa propia maneira.

Advertisements
One Comment leave one →
  1. Novembro 3, 2011 7:19 pm

    A normativa é un instrumento ao servizo dos falantes pero os castelanismos son froito dun factor externo e non podemos admitilos sen máis porque a xente os use. Ademais hai zonas de Galicia onde calou un castelanismo e otras nas que non e ao revés. De todos xeitos o problema coa lingua non é como fala a xente pois salvo catro castelanismo a xente (a que o falou sempre) fala non o seu galego senón simplemente o GALEGO e moi ben. O problema é a perda de falantes, a xente nova que quere falalo e que lle custa pero non polos castelanismos senón porque non manexan ben a sintaxe, os xiros extructuras propias do galego que son as que realmente dan forma a lingua. Ben ou pola moita autoxenrreira e prexuizos que padecemos. Por desgracia este non é un problema que arranxe ningunha normativa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: