Skip to content

A Bitácora de Sarah III

Decembro 6, 2011

Texto de Sarah Burne-James

3. Dime algo en gallego

“Non falas moi ben o castelan, eh?” Preguntoume o taxista. Él falábame en galego, e por iso eu contestara nesa mesma lingua.  Por soposto cometía errores- aún mais do normal porque foi tarde- e claro que teño accento estranxeiro, pero para min o que eu falaba era galego sen duda. Xa dixéronme varios galegos que falo ben. Qué pensar do comentario do taxista enton? A única explicación que me ocurre é que, para él, é imposible que unha estranxeira fale galego. O como él diría, “non pode ser.”

Esa reacción non é o de sempre. É mais común que a xente nin pestanexa cando digo que falo galego. Igual pensan que coñezo un par de palabras e nada mais. Unha vez preguntei (en galego) , “Falas galego?” e a resposta foi “Si, claro que hablo gallego.” “E porque non o falas agora?” “Porque non vas entender.”

É divertido, enton, porme a falar. Paga a pena aprender o idioma só para ver a reacción da xente- unha reacción de gran sorpresa. “O feito de que unha inglesa- ademais de Londres- chegue aquí falando galego é totalmente inesperado.” Tamén dixéronme que me vai ser útil para ligar. Niso non vou comentar…

Dame moita satisfacción saber que despois de oírme falar, a xente contao aos amigos. Sei que o fan porque cando volvo a verlles din que é ela, a inglesa que concin que fala galego. O que espero é que saber que haia xente de fóra que aprende galego anime a mais galegos de falalo. Se eu o aprendo, quizais os que nin aprecian nin coidan do galego van pensalo outra vez. Por iso, gústame que se fale de min. Ademais, estou segura de que é a cousa mais parecida de ser famosa que nunca vou experimentar na miña vida.  Algo que non me gusta, non obstante, é o que me di moita xente cando oien falar de que aprendin o galego, “¿Es verdad? Dime algo en gallego.”

Aprendín galego porque me gusta, encántame falalo, pero estou farta de oír iso. Son unha persoa, non un animal do circo e o galego é unha lingua na que falar, non só para lanzar frases soltas. Queres que che diga algo en galego? Pregúntame algo en galego.

Advertisements
One Comment leave one →
  1. Decembro 10, 2011 3:40 pm

    E que tal a tua vida por Cantarrana? Tes vistas da ría? E a mais bonita do mundo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: