Skip to content

A Bitácora de Sarah IV

Outubro 18, 2012

Texto de Sarah Burne-James

4. Falar ou non falar

Aquí en Viveiro, teño a sorte de que me adoptou unha familia. É xenial porque teño con quen pasar
un día de choiva como hoxe, e onde estar cando teño morriña da miña familia inglesa. Ademáis, do
meu punto de vista lingüística, é unha oportunidade de ver como falan, en que idioma é cando, o
que me resulta moi interesante. Na casa viven os abós, que falan sempre en galego. O pai tamén
fala moito en galego, pero a nai fala menos, quizais porque naciu fóra de Galicia. Pero o que me ten
intrigada é a actitude dos fillos- unha rapaza de 26 anos e un rapaz de 21.

Os dous son moi orgullosos de ser galegos, ambos nacionalistas polo menos de corazón aínda que
el di que non lle parece unha proposta realista do punto de vista económico. Ela é máis radical, e di
que é comunista. Non sei se o é de verdade, ou se di iso para vela reacción da súa familia, pero de
todas maneiras é moi de izquerdas. Ademáis, as duás afirman que son orgullosos da lingua galega,
e para eles é importante que teña o status oficial e que se ensina nos colexios. Senón, dixéronme,
vaise perder. Pero a pesar de todo iso, non falan en galego. Nunca. Pregunteilles por que, e
dixeronme que se lles educou en castelán, e todos os seus amigos sempre falaron en castelán. El
engadiu que ao mellor o apoio ao galego dun castelanfalante vale máis ca o apoio dun galegofalante,
porque o apoio dun galegofalante dao por feito.

Pregunteilles se len algo en galego. Ela contéstoume que le o xornal, e él pregunta cal. Ela douse
conta de que non é verdade, e de que igual só le un par de artigos en galego de vez en cando. «É
curioso, porque sempre intento regalar libros en galego, pero nunca as leo eu.» Acórdome dunha
vez que me dicia que o galego dos libros lle parece raro. El di que non le en galego porque non hai
libros dos xéneros que lle gustan. Pero non creo que buscara moito.

Non me gusta, nin quero criticar aquí. De verdade, eu non son quen para criticar, xa que eu tamén
falo castelán en moitas situacións nas que podía usar o galego. Pero é algo que me preocupa. Aínda
que supon un esforzo, sí que se pode tomar a decisión de ser galegofalante, e si xente como esos
amigos meus non o fan, quen vaino facer? Unhas cousas que inflúen a lingua son a lei, a política
lingüística e a actitude da xente hacia ello, cousa que eses irmáns entenden moi ben. Pero o
fundamental para preservar unha lingua é usalo, falalo. Sen facer iso, todo o demáis non vale para
nada. A ecoloxía lingüística funciona como a ecoloxía en xeral: para protexer o que temos, temos
que actuar todos. Non podemos deixalo aos outros que actúen. E temos que comezar hoxe.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: