Skip to content

O noso teatro: Ven cear comigo

Ven a cear comigo

Personaxes
George
Giovanni
Maruxa
Megan

ACTO PRIMEIRO: NO CUARTO CO FACEBOOK

Autor: David

Oxford, ano 2010. Un cuarto de estudante desordenado con pezas de roupa esquecidas no chan, no respaldo dunha cadeira, e enriba da cama. Dous mozos están sentados diante dunha mesa, comendo pizza e mirando o Facebook nun portátil.

GEORGE: Mira, viches o que escribiu o meu irmán?

GIOVANNI: Que, onde miras?

GEORGE: Aquí, ves, aquí pon que vai de vacacións a Exipto en Diciembre.

GIOVANNI: Non me digas, que carallo vai facer en Exipto neste período do ano?

GEORGE: Eu que sei, supoño que estará conxelado en Newcastle e que necesita tomar o sol.

GIOVANNI: Xa, pero sol temos en Italia, non comprendo que lle ve a Exipto. Ademais nós temos as rapazas máis belas e a mellor cociña do mundo (comeza a cantar) O sole mio.. sta ‘nfronte a te!

GEORGE: Ai, que modestia por favor.

GIOVANNI: Nada, digo a verdade, é todo.

GEORGE: Non sei se estou de acordo, agora sinto que teño que defender o meu país, ti non probaches nunca o roast beef de aquí, verdade?

GIOVANNI: Roast beaf? Que dis, aquilo que comimos no “pub” hai dúas semanas? Chamácheslle comida? Era a cousa menos soborosa que comín na miña vida. Non sei como sobrevivides neste país, se non fose pola pizza e pasta italiana non haberia nada.

GEORGE: E o hotpot, e os pies?

GIOVANNI: Pies? Que risa.

GEORGE: Bueno, xa vexo que es o típico estranxeiro que non fai nada para probar algo novo. Aínda non visitaches ningún sitio aparte de Londres verdade?

GIOVANNI: Non é culpa miña que os trenes sexan tan caros.

GEORGE: Nunca oíches falar dos autobuses, sabes, aquelos vehículos que vés pola rúa de cando en vez e que transportan a xente de A a B?

GIOVANNI: Bueno, señor sarcástico, e onde queres que vaia en autobús, a Rose Hill ou a Blackbird Leys para visitar un bo restaurante inglés?

GEORGE: Nunca se sabe (risa), polo menos podes ir a north Oxford, a Summertown onde viven os académicos e a xente así (fai un xesto de afecto coa nariz). Seguro que encontrarás toda a comida orgánica que queiras alí.

GIOVANNI: Mira, alí, a Maruxa cambiou o súa situación sentimental no Facebook!

GEORGE: Que Maruxa?

GIOVANNI: Aquela pelirroxa, sabes, a galega que coñecemos en Londres?

GEORGE: Que sempre vai vestida de púrpura?

GIOVANNI: Aquela si.

GEORGE: E ahora que, síntese máis azul entón cambiou o seu Facebook?

GIOVANNI: (coa boa media chea de pizza), non! Vés, aqui pon que está “interesada en mulleres!”

GEORGE: Eu tamén

GIOVANNI: Que dis, non vés que se acaba de revelar en liña diante todo o mundo que é lesbiana!

Escóitase un golpe na porta, aparece o Megan

MEGAN: Quen é lesbiana?

GEORGE: Ninguén

GIOVANNI: Maruxa!

MEGAN: Quen?

GEORGE: Non importa. Esta pizza está fría, xa non como máis.

Megan achégase á pantalla

MEGAN: Facebook! Xa o sabía, as cousas que se poden aprender nel!

GIOVANNI: Ti es amiga miña? Non me acordo.

MEGAN: Espero que non! Cousas miñas, non as túas.

GIOVANNI: (sorriso na cara) mysterious girl!

GEORGE: Giovanni pensa que non sabemos cociñar neste país.

MEGAN: Bueno, Jamie Oliver non sodes, iso si é certo! Cantas pizzas comestes vós esta semana?

GIOVANNI: Merco só as mellores pizzas da trattoria italiana no mercado cuberto, sabes?

GEORGE: Aquela tenda que é moi cara?

GIOVANNI: É a ca-li-dade mozo, sabes? Tes que aprender a valorar o mellor da vida, como eu por exemplo (pestanexa).

MEGAN: E que máis sabes facer, aparte de mercar pizzas caros signor?

GIOVANNI: Risotto, bruschetta, gelatti, lasagni…

GEORGE: Tutti frutti? (risa da Maruxa)

MEGAN: Bueno, mozos, creo que xa chegou o momento..

GEORGE: De que?

MEGAN: O momento da verdade, a forza do destino

GIOVANNI: Apocalypse now?

MEGAN: Non, se tanto sabedes vós de cociña, m efacedes a cea mañá, vale?

GEORGE: Quen?

GIOVANNI: Eu, por suposto.

MEGAN: Os dous.

GEORGE: E ti, Megan?

GIOVANNI: A muller e a sartén, na cociña están ben

MEGAN: (agarra unha almofada e dálle ó Giovanni na cabeza) cocho!

GIOVANNI: (sorriso) Gústame moito o cocho, cun pouco de salchicha tamén!

MEGAN: Pois nenos, escoitade, facemos unha cousa. Esta semana cada un fai unha cea, e os demais xulgan por roldas–dan puntos en cada noite-. Ó final da semana contamos os puntos e decidimos quen é o superchef da casa, vale?

GIOVANNI: Che facile! Gaño eu, xa está.

GEORGE: Estás pensando naquel programa de tele, non?

MEGAN: Iso é.

GEORGE: Come dine with me?

MEGAN: Xa.

GIOVANNI: Fáltanos un bo narrador, sabes, o home que fai os comentarios.

GEORGE: Temos que filmalo.

GIOVANNI: E poñelo en Facebook.

MEGAN: Veña mozos, non importa o que tedes en Facebook, a vida real está aquí sabes, coa xente real, vale?

GIOVANNI: (mirando un perfil en Facebook) que?

MEGAN: Basta! Mírame cando che estou falando!

GIOVANNI: Gústasme moito cando estás de mal humor. Por que non invitamos á Maruxa tamén?

GEORGE: A moza de Londres?

GIOVANNI: Claro. Así nos enteramos das últimas rexoubas.

MEGAN: Ai por Deus! Sodes peor cás vellas que se reúnen na estación de autobús para criticar ós condutores.

GIOVANNI: E nas bibliotecas! O outro día case me botaron da biblioteca central por ter unha botella de auga na bolsa! Aqui non se bebe señor, ten que saír.

MEGAN: Bueno, estamos de acordo, non? Deíxovos ó voso Facebook, e comezamos o luns, vale?

GEORGE: Quen comeza?

GIOVANNI: Eu, por suposto!

MEGAN: Vale, Giovanni o luns, eu martes, e ti mércores George.

GIOVANNI: E Maruxa o xoves!

MEGAN: Se queres, Maruxa pode obsequiarnos coa súa presenza o xoves, si. Ata mañá.

GIOVANNI: Que durmas ben!

GEORGE: Boas noites Megan.

Megan sae do cuarto, e pecha a porta tras si. Os dous rapaces voltan a mirar as páxinas de Facebook no portátil. O George remata a súa cervexa e emite un eructo. Apáganse as luces da escena.

ESCENA II (Sarah)

Acto primeiro, escena dous: na cocina de Giovanni e George, o día seguinte

[Hai moi poca luz porque as luces da cociña están apagadas. Vese que é un cuarto máis desordenado có de antes, con moitas caixas de pizza que deben de estar alí desde hai demasiado tempo. Tamén hai unha morea de pratos para fregar.
Entra Giovanni furtivamente, e non acende as luces senón que saca un paquete dunha comida precociñada do frigorífico. Verifica que non ven ninguén e quita a comida do seu paquete para poñelo no microondas, acéndeo e espera ata que oia o pito. Vese que é moi impaciente e axitado porque non quere que se saiba que usa o microondas.

Cando a comida está preparada, quítaa do microondas e pona nunha tixola. Esconde o paquete da comida precociñada, axita a comida un pouco na sartén e finalmente sérvese. Sentase á mesa e comeza a comer. Despoís duns momentos, George entra na escena vestido de roupa deportiva. Acende as luces.]
GEORGE: Porque ceas a oscuras? Non podo cociñar sen luz.
GIOVANNI: Pois, non sei…
GEORGE: [Encolle os ombreiros para insinuar que é solo outro dos costumes estraños de Giovanni .] Non importa… Ai! Que fame teño. Estou moi emocionado pola cea esta noite.
GIOVANNI: Si, comellón. Pensas co teu estómago coma sempre. E que tal o partido?
[GEORGE saca a sua cea do frigo- outro paquete de comida precociñada.]
GEORGE: Fatal! Non podemos falar doutra cousa?
[GIOVANNI ve o paquete de George e dá un grito afogado. A súa actitude é un pouco escandalosa para ser críble.]
GIOVANNI: Pois sí! Qué é isto que vas a comer pola cea? Que noxo!
GEORGE: Que? É spaghetti carbonara. Non che gusta que coma a comida do teu país natal?
GIOVANNI: Sí pero… Non entendo porque non podes cociñalo ti mesmo. Non é difícil e calquera comida preparada na casa sería moito maís saborosa que eses paquetes de lixo que aos ingleses parecen gustar tanto. Non viches que eu o fago todos os días sen problema. Meu deus! Se non podes preparar unha comida básica, creo que vou a ir a un restaurante o mércores cando che toque a ti cociñar. A túa comida vai matarnos a todos. Sabes que non se permite servir a comida prepreparada no concurso…
GEORGE: [sarcástico] Eh, pare ‘señor super jefe’. Non cantes victoria aínda. [Un pouco enfadado] Non cociño moito aquí porque teño outras cousas que facer: xogar ao fútbol, adestramento, festas, mesmo estudar. Non teño o tempo para cociñar todos os días coma ti porque teño unha vida máis interesante. Pero sí que sai cociñar. Fágoo nas vacacions cando estou na casa dos meus pais. As miñas especialidades son o roast beef, yorkshire pudding e, como postre, apple crumble. Son moi ricos e eu creo que teño unha boa posibilidade de ganar o concurso.
GIOVANNI: Eurgh, roast beef. Xa sabes que é a comida menos saborosa…
GEORGE: [interrompe] Xa verás…
[George pon a súa cea no microondas. Apáganse as luces da escena.]

 

ESCENA II

Autora: Matilde

(Unha mañá escura. O ceo está cheo de nubes e chove. Soa unha alarma. No dormitorio de George alguén ronca. Golpes na parede.)
Megan – ¡Esperta parvo! Que me está poñendo tola a túa alarma! Ei! Apaga ese ruído!
O son apágase
Megan – ¡Grazas!
De súpeto un berro aterrador.
Megan – Que pasa? George. Estás ben? Que che pasou?
O berro convértese en xemidos cheos de dor e angustia. Cousas que se tiran por todo o cuarto en desesperación.
Megan (Aínda a traves da parede)- Pero George! Dime que che pasou!
Giovanni (Pola porta) – Ei! George. Espertáchesme! Que estás facendo? Só porque ti espertaches de mala gana non significa que tes que amargarlle a vida a todos os demais! Quen crees que es? Mussolini?
Megan (Agora tamén a traves da porta) – Giovanni! Non ves que lle pasou algo? Está a chorar! Polo menos podes facer un esforzo para actuar de forma humana, non?
Giovanni (Cunha mirada chea de odio cara a Megan) – Mira George, a bella ragazza está turbata. E é a túa culpa.
Megan dirixe unha puñada cara a Giovanni pero a súa man quédase a medio camiño cando a porta comeza a abrirse lentamente. Aparece George cos ollos vermellos e os cotenos sanguiñentos.
Silencio
George – Quedei durmido. Perdín o meu tutorial.
Silencio
Giovanni – NON! E agora que vas facer?
George – Non sei.
Megan – Fareinos un té. (sae)
Giovanni – Queres ver que está pasando en Facebook? A min sempre me fai sentirme mellor. É a mellor medicina. E é gratis!
George (suspirando) – Boh, que máis podo facer? Esta é a fin. A fin de todo. Nunca máis poderei gozar do olor das flores en primavera. Nunca máis sairá o sol na mañá. Nunca máis sentirei as suaves páxinas dun libro antigo na Bodleian.
Giovanni – Pódome imaxinar como te sintes. Debe de ser horrible. Perder un titorial. Pobre de tí. Mira! Isto alegrarate un pouco. Maruxa puxo un albume novo no seu perfil. E etiquetounos! É de cando fomos a Galicia. Aquí estamos pousando na Praza Cervantes en Santiago. Lémbraste? E aquí estamos naquel soto histórico onde estaba estritamente prohibido tomar fotos! Haha, e que non a expulsasen.
George – Non está funcionando. Non me sinto mellor. Nin te esforces.
Giovanni – Pero que dis? Se nin empezamos. Mira, comentemos a foto. Que poñemos? Ben, poñamos ‘gústame’ polo menos.
Entra Megan con tres cuncas de té. O cuarto está baleiro.
Megan – Ei, rapaces. Que vos fixeches? Aquí traio o té.
Ve a pantalla do laptop.
Megan – Facebook. Por suposto. Que máis ía ser? Seguro que viron o estado de alguén: “Regalando libros no Bod” e saíron correndo. Pero deixaron o seu Facebook prendido. E tanto medo que lle teñen ao ‘frape’.
Megan séntase a ver as fotos de Maruxa que estaban vendo os rapaces antes de desaparecer.
Megan – Pero se estes rapaces están en todas as fotos! Ata nas de Australia… Pero se non estiveron en Australia. Ou si? Non é posible! Maruxa tenos que ter agregado en photoshop. Pero porqué? Teño que ter durmido mal esta noite porque agora me parece ver figuras que se moven nas fotos. Nin que isto fose un vídeo!
Se para de súpeto cun xesto de desespero.
Megan – Non! Non pode ser! Pero se me volvo tola!
Na pantalla Giovanni e George están flotando enriba dun bosque nunha foto tomada dende unha montaña alta. Con algunhas árbores (o mesmo tamaño deles mesmos) teñen escrito ao longo do ceo: AXUDANOS MEGAN! Na confusión que se armou na mente de Megan, sen pensar, fai clic no botón ‘gústame’…

(No cuarto baleiro unha cortina méxese co vento que entra pola ventá semiaberta. No laptop préndese o salvapantallas con palabras do dicionario inglés e as súas definicións flotando ao longo da pantalla.)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: