Skip to content

Magosto!!!

Novembro 23, 2011

Castañas!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E música!

 

 

 

 

 

 

 

 

E cervexa!…

(Si, é un magosto inglés)

Clube do libro II: John Rutherford

Novembro 23, 2011

Estas son imaxes do noso clube do libro do ano pasado no mes de Maio.

Tivemos a sorte de conversar con John Rutherford sobre a súa novela As frechas de ouro

O noso clube do libro tivo lugar no pub The Rickety Press, onde puidemos compartir co profesor unhas boas pintas mesturadas con literatura.

Morren dous colegas nas mans de dous humanos.

Novembro 23, 2011

Morren dous colegas nas mans de dous humanos.

No dia despois da lúa chea, dous xabaríns foron víctimas dun coche que ía a alta velocidade na estrada entre Ourense e Santiago. As víctimas, unha nai e a súa cría, cruzaban a estrada á altura de Piñor cando lles sorprendeu un coche con dous humanos de idade avanzada adentro. A comunidade xabarila de Ourense –quenes celebraban unha reunión nese momento – oíron o accidente e correron ó sitio enseguida. Esforzáronse moito en tentar axudar as víctimas, porén non houbo esperanza e tiveron que levalos ó xardín de reposo.

Pouco despois puideron identificalas coma Maruxa, residente dos bosques de Monte Pindo de Santiago, e Héctor, o seu fillo, quen andaba coxa dunha perna. Xa se informou a familia, e a comunidade resolveu dobrar as esforzas para educar o pobo dos riscos daquela estrada na noitiña. Aínda non se puido identificar o en cuestión, pero o comité poderá traballar nun plan de represalías contra os responsables humanos. Fálase xa debaixo de certas  árvores de bloqueos de carreteras, e destrucción de terras de agricultura.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/11/10/0003_201111G10P13991.htm

A bitácora de Sarah II

Outubro 26, 2011

Texto de Sarah Burne-James

Nova entrega das aventuras de Sarah!

2. A normativa

Hai un libriño que é moi útil para mín como estranxeira que aprende galego. É un resumo da normativa da lingua galega e podo consultalo cando teña dúbidas sobre unha estructura da lingua, ou sobre a forma dun verbo. Pero ás veces pregúntome se este libro, ou máis ben a normativa en xeral, provoca problemas mais que solucionalos.

Algo que a xente di a miudo cando me fala en galego é “falas mellor ca min” ou “non debes falar coma min porque eu non falo ben”. Iso non é verdade. Por suposto encántame cando os galegos din que falo ben a súa lingua, pero non é posible que eu fale mellor cun falante nativo. Teño un accento estranxeiro, hai moitas palabras sinxelas que non coñezo e sobre todo teño problemas cos tempos pasados. O que a xente quere dicir é que o meu galego parece mais ao galego normativo.

Por exemplo, escoitei a xente de aquí dicir “gallego”- que se  considera un castelanismo- cando eu diría “galego”. E iso, porque é incorrecto? É verdade que coincide co castelán, pero hai outras palabras que coinciden co castelán tamén e consideradas correctas pola normativa. A normativa admite “palabra”, “había” e “carne”.

Así que, quen elixe que é correcto e que é incorrecto? E mais incomprensible, como se elixe iso? Realmente hai un comité que pasa o seu tempo en debatir os meritos de “grazas” a diferenza de “gracias”? Pois unha palabra non ten sentido a menos que os seus falantes o saiban. Cambiar a normativa non cambia o que é o galego de verdade.

A pesar de lo que quizais parezca, non quero dicir que a normativa sexa algo malo. Non ten que selo. De feito, paréceme que unha lingua necesita ter normativa. Se o galego non o tivese seríame moito mais difícil aprendelo. Cales formas poñeríanse nos libros de clase? E eu, a quen preguntaría para saber como escribir unha palabra, o como conxugar un verbo. Non quero ter que elixir entre amplias listas de palabras.

Pero para que a normativa non faga dano á lingua, os falantes do galego deben entender que é nada mais que unha ferramenta, algo que debería ser útil para eles. A normativa é necesaria pero non dirixe. Unha lingua existe porque e como os falantes o falan. É a propiade e o producto de todos os falantes. Cada persoa que fale galego como lingua materna o fala perfectamente na súa propia maneira.

A bitácora de Sarah I

Outubro 12, 2011
tags:

Este é o primeiro dos relatos de Sarah Burne-James, alumna de galego en Oxford que acaba de comezar a súa aventura do ano no estranxeiro en Viveiro.

Feliz como unha ameixa

Respecto o galego, nada é sinxelo. Xa sabía iso despois de máis dun ano de clases e un curso de verán, e non esperaba nada diferente aquí en Viveiro. O punto de vista dende Santiago era que se fala moito o galego alá na remota costa norte de Galicia pero cando visitei durante unha noite dixerónme que non se fala moito aquí. Pero sí que se fala na próxima vila. Pois pregunteime se se diría o mesmo na próxima vila, e na próxima…

Pero realmente non esperaba encontrar duas perspectivas opostas sobre a lingua xa despois de menos de 24 horas aqui en Viveiro. Había unha muller na rúa que me falaba en inglés (parece evidente que son estranxeira incluso dende lonxe) que non reaccionou cando lle dixen que estudaba o galego en Santiago este verán. Cando logo intentei falarlle en galego, quedou moi sorprendida. Felicitábame por saber o galego e pois dicíame que lle encantaba o galego pero que non podía falalo comigo porque cría que, polos seus fillos, inglés é mellor. Inglés dálles mais oportunidades. Xa teño a impresión de que oín iso de ‘encántame pero’ mil veces…

Tamén encontrei un home que non tiña que dicirme que o galego encántalle, porque o falaba comigo, e a súa reacción de sorpresa foi positiva. Non falamos moito da lingua porque falabamos na lingua, e o seu amor pola lingua foi evidente. O que remarcou é que aínda os que aman a lingua sempre comentan cousas como ‘pero ela fala máis’ ou ‘él fala menos’ coma se fose importante clasificar toda a xente según canto e como falan.

Pero tamén hai que recordar que respecto a calquera lingua nada é sinxelo. A miña compañeira de piso é de Chicago e hai momentos nos que non nos comprendemos aínda que aparentemente falamos a mesma lingua. Encántame esa diversidade, e o feito de que para min ‘purse’ significa a cousa na que unha muller garda os seus cartos e para ela significa unha bolsa. Pero o mellor é aprender novas frases e maneiras de expresarme na miña propia lingua. Ela dicíame que está ‘as happy as a clam’ aquí en Viveiro porque está ao lado do mar nun lugar realmente precioso e hata ahora eu tamén son feliz como unha ameixa.

Comezamos!!!

Setembro 28, 2011

Ola a todos!

Comezamos de novo o curso de Galego en Oxford.

Comezaremos facendo balance das actividades do ano pasado e seguiremos por contarvos o que temos planeaado para este ano.

Máis e mellor!

Para comezarmos, botádelle un ollo ao novo cartaz do centro, obra do ilustre Focense Diego Núñez.

Podedes descargalo e ler a información sobre o noso curso.

Vémonos a semana que vén na Fresher’s Fair!!!

Diego Ameixeiras no noso clube do libro

Xuño 10, 2011

Esta semana tivemos a sorte de poder compartir bos libros, boa conversa e boas cervexas con Diego Ameixeiras.

Foi unha xornada interesantísima, e agora estamos todos que non paramos pensando en crimes e asasinatos por Oxford adiante.

Diego, fixéchela boa!!!!

Unha instantánea do noso clube do libro:

E tedes que ver a entrevista xornalística que lle fixeron os rapaces do Cañada Blanch.