Saltar ao contido

A bitácora de Sarah I

Outubro 12, 2011
tags:

Este é o primeiro dos relatos de Sarah Burne-James, alumna de galego en Oxford que acaba de comezar a súa aventura do ano no estranxeiro en Viveiro.

Feliz como unha ameixa

Respecto o galego, nada é sinxelo. Xa sabía iso despois de máis dun ano de clases e un curso de verán, e non esperaba nada diferente aquí en Viveiro. O punto de vista dende Santiago era que se fala moito o galego alá na remota costa norte de Galicia pero cando visitei durante unha noite dixerónme que non se fala moito aquí. Pero sí que se fala na próxima vila. Pois pregunteime se se diría o mesmo na próxima vila, e na próxima…

Pero realmente non esperaba encontrar duas perspectivas opostas sobre a lingua xa despois de menos de 24 horas aqui en Viveiro. Había unha muller na rúa que me falaba en inglés (parece evidente que son estranxeira incluso dende lonxe) que non reaccionou cando lle dixen que estudaba o galego en Santiago este verán. Cando logo intentei falarlle en galego, quedou moi sorprendida. Felicitábame por saber o galego e pois dicíame que lle encantaba o galego pero que non podía falalo comigo porque cría que, polos seus fillos, inglés é mellor. Inglés dálles mais oportunidades. Xa teño a impresión de que oín iso de ‘encántame pero’ mil veces…

Tamén encontrei un home que non tiña que dicirme que o galego encántalle, porque o falaba comigo, e a súa reacción de sorpresa foi positiva. Non falamos moito da lingua porque falabamos na lingua, e o seu amor pola lingua foi evidente. O que remarcou é que aínda os que aman a lingua sempre comentan cousas como ‘pero ela fala máis’ ou ‘él fala menos’ coma se fose importante clasificar toda a xente según canto e como falan.

Pero tamén hai que recordar que respecto a calquera lingua nada é sinxelo. A miña compañeira de piso é de Chicago e hai momentos nos que non nos comprendemos aínda que aparentemente falamos a mesma lingua. Encántame esa diversidade, e o feito de que para min ‘purse’ significa a cousa na que unha muller garda os seus cartos e para ela significa unha bolsa. Pero o mellor é aprender novas frases e maneiras de expresarme na miña propia lingua. Ela dicíame que está ‘as happy as a clam’ aquí en Viveiro porque está ao lado do mar nun lugar realmente precioso e hata ahora eu tamén son feliz como unha ameixa.

One Comment leave one →
  1. Novembro 3, 2011 7:42 pm

    A esta boa muller que non fala galego porque “inglés é mellor para os seus fillos” habería que comentarlle dúas cousiñas:
    – Que as linguas non van ocupando lugar no cerebro ata que este se esgota.

    -Que por non saber galego se póde perder un posto de traballo.

    Eu lectora de galego vivín como un rapaz galego (licenciado en inglés) me chegou pola porta preguntando, en castelán, a onde debía enviar o seu currículo para traballar na universidade. Eu contesteille que á subdirectora de Iberístika. Entón el preguntou, ben mais ben deu por suposto, que a boa muller falaría inglés pero non. Eu parva de min díxenlle pero home! non te líes ti mándallo en galego que ela é a xefa do departameto de portugués e en galego vaiche entender mellor que en ningunha otra lingua. Pois ben, o rapaz todo cheo contestoume que non podía pois el non sabía escribir en galego.

    Eu aínda sigo dando voltas ao feito de ter durante anos lingua e literatura galega na escola e considerar que non se sabe escribir galego pero o conto é que o currículo en inglés quedou gardado nunha gabeta a espera de que a subdirectora descubra que só a lingua inglesa ten futuro.

Deixa unha resposta a Ana Cancelar a resposta